EIDAPUXA

 
Enlaces | O MENTIREIRO-VERDADEIRO | Album de fotos | Aficiones | EIDAPUXA
 
EIDAPUXA
 
 
Estas a entrar na paxina do grupo de gaitas tradicional Eidapuxa,pasa hasta a lareira.
A nosa aficcion e a musica tradicional galega e a nosa devocion espallala ali donde nola pidan , alboradas ,festas , pasacalles ,actos relixiosos e todo tipo de eventos donde sea necesaria a presencia de gaiteiros.
Intentamos que siga quedando entre todos nos a musica tradicional que fai 20 ou 50 anos alegraba as penas os nosos antepasados
naqueles tempos de traballo e fame,no que os dias de festa eran poucos pero era grandes.
Catro dos compoñentes do grupo somos sobriños do gaiteiro Leonardo Corral,finado no ano 97,e da man del entrounos o bicho no corpo,do seu tocar ,das suas historias cando el empezou a tocar e da sua disposicion pra coller a gaita con devocion,con amor o que esta representa....
LEONARDO CORRAL VAZQUEZ naceu en Recelle na zona de Portomarin e de neno indo cas vacas facia gaitas de centeo e empezaba a debullar na musica.Os catorce anos mercou a sua primeira gaita,custoulle cincuenta pesetas que consegiu vendendo caruncho de centeo,aprendeu o oficio de zapateiro na feira de Monterroso e ainda solteiro,en Recelle armou a sua primeira charanga:duas gaitas,saxo,requinta,bombo e caixa.
Mais tarde viriase pra Cruña e instalariase montando unha barberia-zapateria,aqui casariase e ten un fillo (Lois Corral,hoxe en dia coñocido tamborileiro)trasladase a vivir pra a zona dos Mallos e pon ali unha zapateria que co tempo convertiuse nun conservatorio enxebre(por ali pasaron alguns dos mais destacados gaiteiros da Coruña).Aixiña se soubo que nos Mallos habia un gaiteiro e pasou a formar parte de Cantigas da Terra,despois foi un ano de emigrante a Londres e a o volver formou un cuarteto con Jose de Ordes,Pepe de Elviña e no bombo o home dos contos Carlos Diaz o Xestal,foron a actuar a Madrid na television.
 
GRUPO DE GAITAS
EIDAPUXA
Grupo de gaitas tradicional
Gaitas:Manolo e Pedro
Bombo:Esteban
Tamboril:Antonio
No ano sesenta o cuarteto Os catro de Galicia estaba formado por dous pais Leonardo Corral e Jose Cardelle e os seus fillos Lois Corral e Luis Cardelle.
No ano 71 conoce a Arturo da saga dos Garceiras de Melide e forma o que seria o seu grupo definitivo Os cinco de Galicia Leonardo e o seu fillo, Arturo,Vilariño e Jesus Vazquez ,daquela existian na Coruña tres cuartetos Os Matos,os Tempranos de Eiris e os Brisas da Coruña.Naqueles anos chegaron a dar 110 alboradas nun ano polas festas dos alrededores.No ano 86 os Cinco de Galicia deixan de existir anque exporadicamente o bombo co seu nombre ainda gana algunha batalla de cando en vez.
Leonardo sigue tocando a sua gaita hasta os seus ultimos dias de vida e alegrandose cos novos gaiteiros que salian.Despois de catro anos do seu fallecimiento honrrase o mestre cunha placa na plaza do Padre Rubinos na zona dos Mallos (A Coruña)na que un grupo creado para ocasion interpretou,vestidos de fuco:Muiñeira da Baiuca e a Foliada da Silva,duas pezas compostas por Leonardo.Nas gaitas estaban tres mestres,Ricardo Santos ,Raul Galego e Marcelino Garcia e dous sobriños Manolo e Pedro no bombo outro sobriño Esteban e o tamboril o seu fillo Lois Corral ademais de toda a xente que o queria veciños,familiares e compañeiros que fixeron de ese dia unha fecha moi emotiva.
LEONARDO CORRAL!GAITEIRO!


- LOIS CORRAL -
O noso recordo a persoa do noso primo Lois finado recentemente,tamborileiro de muñeca e bombeiro,dos cinco de galicia,Millo verde,Leiliadoura e colaborador de outros moitos grupos,a el solo lle habia que poñer dia e hora,sempre estaba disposto para tocar.
LOIS CORRAL ¡GAITEIRO!

 
 
Escríbeme
Interesame a tua opinión